Hai determinadas palabras que, precedendo ao pronome, fan que o pronome se coloque diante do verbo. Neste caso o pronome non vai pegado ao verbo. Estas palabras son:
- As que marcan subordinación: que (aínda que, sempre que, posto que, xa que, ...) se .
- Os adverbios de negación (non, nunca, xamais)
- Os adverbios de dúbida (quizais, talvez, seica, disque)
- Algúns outros adverbios: xa, só, ben, mal, axiña, sempre, aínda, aquí, aí, alí, máis, menos ..
- Os pronomes interrogativos: onde, cando, canto, como
- Algúns indefinidos: ninguén, alguén, calquera, mesmo, algo, nada, bastante, ...
Cando o precede unha preposición
Pronome ben colocado |
---|
Para dicirlle iso cómpre valor
Para lle dicir iso cómpre valor
|
Nas perífrases verbais pode ir a carón do verbo principal (téñoche que dicir), despois da conxunción ou preposición (teño que che dicir) ou detrás do infinitivo (teño que dicirche)
Pronome ben colocado | Pronome mal colocado |
---|---|
Téñoche que dar unha boa noticia
Teño que che dar unha boa noticia
Teño que darche unha boa noticia | Che teño que dar unha boa noticia |
Bibliografía:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Colocaci%C3%B3n_do_pronome_%C3%A1tono_en_galego
No hay comentarios:
Publicar un comentario